ENTREVISTA A LA CIG
ENTREVISTAS EN GALICIA LIBERAL
Galicia Liberal 23/11/06, 00:00 h
A continuación ofrecemos a entrevista en exclusiva feita ao Sindicato CIG (Sección Concello de Vigo) a Galicia Liberal...
GL: ¿Cál é a situación actual do sindicato CIG no Concello de Vigo?
CIG:A situación é a normal dunha empresa do tamaño como é o Concello de Vigo. Contamos cun número importante de afiliados e afiliadas, tendo en conta que a porcentaxe de afiliación sindical neste concello é dos máis altos en comparación con outras administracións. Por outra banda, contamos cun prestixio entre os traballadores e traballadoras, ganado co traballo sindical de moitos anos, o que nos da que, nestes intres, somo o sindicato que temos máis delegados dentro do comité(funcionarios e laborais).
GL:¿Síntense escoitados e respetados na sua labor de defensa do traballador?
CIG: Se nos referimos ó goberno municipal, temos que diferenciar entre a "negociación" que mantemos co concelleiro de persoal, que é unha relación boa, xa que dá resposta ós temas que plantexamos (para ben ou para mal). Pero non podemos dicir o mesmo do resto de concelleiros e concelleiras do goberno, xa que son mais esquivos.
GL: Polo que respecta ao conflicto da amortización das prazas ¿Ven algunha solución que poida satisfacer a todos?
CIG: Nós sempre nos distinguimos por facer propostas concretas para darlle solucións ós temas que teñamos na mesa, unhas veces son acertadas e aceptadas e outras non, pero nos mollamos. Neste tema concreto, acollémonos ó sistema que "legalmente"nos deixan, nos guste ou non. O que sí temos claro é que hai un acordo e hai que cumprilo e non estamos dispostos a deixar "tirados" a dous tercios do persoal. A corporación pode recuperar os postos amortizados en canto fagan uns orzamentos novos. Nos polo menos, pensamos reivindicar a súa recuperación en canto sexa o momento.
GL: Tres palabras que definan ao seu sindicato.
CIG: Traballo, seriedade e dignidade.
Queremos agradecer expresamente á CIG o tempo adicado e as suas declaracións en exclusiva para Galicia Liberal

1 Comments:
No he abierto un blog, pero si una línea de foro que va en una línea parecida a la suya. Se la adjunto por si fuera de su interés:
http://www.todopolitica.com/BB/viewtopic.php?t=9590
By
Anonymous, at 3:41 AM
Post a Comment
<< Home